Unha guía para o entroido

OURENSE

ANACOS | O |

21 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

A provincia atesoura un patrimonio cultural vencellado ao entroido que aínda está por valorar no seu conxunto. As máscaras máis representativas da provincia están a participar no proxecto Máscara ibérica xunto a manifestacións culturais semellantes de Portugal e outras autonomías españolas. Por parte, aínda que todos choraron onte pola morte do santo entroido, queda a patria da festa máis longa da despedida da carne, Xinzo da Limia, como a derradeira cita para deixarse levar pola troula e a farra. O día 25, na Limia do Entroido, celebran a Festa da Piñata, e morra o Entroido deste ano. Quizás os da cofraría da festa máis salientable da provincia non se decatan, por estar de entroido, da riqueza e potencial que aínda mantén e atesouran os pobos e as parroquias da provincia de Ourense. Na Limia, en Verín, en Laza, en Manzaneda, en Viana, en Covelo, en Maceda, en Bande e en moitos outros lugares aparecen cada ano unhas aves migratorias que veñen sendo os amantes do entroido enxebre, os que pasan de carrozas e tip@s imitando ás comparsas brasileiras, e que chegan de toda a península. E que repiten. Nunha provincia donde se editan tantas publicacións que non merecen nin o gasto que representa o papel no que están impresas non estaría por demais que alguien se metese á publicación dunha boa e completa guía do entroido, cos seus personaxes e as súas máscaras -do triángulo máxico ós felos de Maside ou os rodos de Boborás-, a súa gastronomía, os costumes, as súas músicas -no mantemento do propio como reclaman os pequenos municipios donde se está contaminando o entroido- e ofrecela nesas visitas institucionais que se fan a feiras de turismo e outras citas de promoción. Sería máis rentable que moitas outras actuacións e proxectos.