A ilusión da primera casa

Jesús M. García OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

Crónica | Entrega de vivendas en Luintra Dezaoito veciños de Nogueira de Ramuín recibiron onte a chave do seu novo fogar de promoción pública das mans da conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia

30 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Estaban todos agardando no salón de actos. Ilusionados por estrear a nova vivenda, sexa en aluguer ou en propiedade. Mari Cruz, moza solteira, vai vivir de aluguer por 140 euros mensuais: «É para min unha gran ilusión, a miña primeira vivenda. Eu son de Moura e é unha sorte. A xente non o valora o suficiente pero é unha oportunidade boa», dixo. Cesáreo Losada, súa dona e as dúas pequenas van vivir noutra destas casas: «É unha ledicia poder chegar a ter casa», sinalou. As 18 casas son todas de 90 metros cadrados, costaron 1,2 millóns de euros, trasteiro, tres domitorios e praza de garaxe. Todas teñen planta baixa e primeira. Nesta están os domitorios, un baño, un aseso e un balcón. Estas vivendas van destinadas a xente que non supere ao mes os 1.200 euros de ingresos. Nove delas serán de aluguer para cidadáns que non pasen dos 718 euros mensuais. O prezo de copra varía entre os 59.126 euros e os 67.572 euros. Teresa Táboas subliñou que os materiais son bos e que os concellos cedan terreos, «que non vendan para que podamos facer vivenda». Falou incluso de chegar a exporpiar solo para este fin. A conselleira tiña outra cita xa pola tarde, en Xinzo de Limia, para presentar o plan de urbanización da cuarta fase do parque empresaial por 1,8 millóns en 77.112 metros cadrados. Dixo que estudiarase unha nova área empresarial se hai unha demanda real con proxectos concretos e que en setembro as empresas disporán das parcelas urbanizadas.