O galego soa no Bierzo

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón O BARCO

OURENSE

ASCÓN

Crónica | Segunda edición dos premios Xarmenta Unha asociación distinguirá a Amancio Prada e á Real Academia Galega pola promoción do uso da lingua de Rosalía na comarca leonesa, onde este idioma está moi vivo

13 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? asociación Xarmenta presentou onte -simultaneamente en O Barco e en Ponferrada- a segunda edición dos premios que levan o nome do colectivo e que tratan de agradecer o traballo de persoas e institucións pola promoción do uso do galego na comarca leonesa do Bierzo. Os elixidos foron este ano Amancio Prada e a Real Academia Galega. O cantautor foi premiado por haber editado moitos discos na lingua de Rosalía e por ter levado este idioma a moitos lugares do mundo, entre os que se inclúe O Bierzo. Segundo Rafael Adán e María Xosé Fernández, membros da asociación Xarmenta, no caso da Real Academia Galega o galardón está xustificado por varios motivos. Por un lado está o feito de que a institución recolle nos seus estatutos o feito de que na comarca leonesa fálase galego. Ademais, no ano 2002 concedéuselle o Día das Letras Galegas a un berciano, o Pai Sarmiento. Tamén destacouse onte a celebración de sesións plenarias da institución en Vilafranca do Bierzo e o nomeamento de académicos da zona, como o autor Héctor Silveiro. O cantautor Amancio Prada e a Real Academia Galega toman o relevo do actor Luis Tosar e do Consejo Comarcal do Bierzo como premiados de Xarmenta. A entrega dos galardóns -unha figura de cerámica de Sargadelos- terá lugar o próximo día 24 de xaneiro ás oito da tarde no transcurso dunha gala que se celebrará no Teatro Bérgidum de Ponferrada e que contará con representantes do goberno galego e do castelán-leonés. Outras actividades A asociación Xarmenta celebra numerosas actividades de promoción do galego no Bierzo, sobre todo dedicadas o coñecemento desta lingua entre os máis pequenos.