Apoio ao Comité Anti-Sida

ETELVINO BLANCO RODRÍGUEZ

OURENSE

TRIBUNA | O |

01 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

COINCIDINDO co día internacional contra o Sida, desde a CIG Ourense quero manifestar o noso total apoio da nosa organización ao Comité Anti-Sida e concretamente ao seu proxecto de local social na rúa Cabeza de Manzaneda da cidade. A loita contra o sida non consiste só en esixir medidas as autoridades ou en poñer, un día ao ano un lazo vermello, senón que temos que empezar por cambiar a nosa propia conducta e extender a solidaridade coa xente que padece esta enfermidade a tódolos días do ano, propagando a necesidade de apoialos por tódolos lugares (centros de traballo, comunidades de veciños, etcétera), para que sintan o calor da solidaridade. Resulta triste e inadmisibel que veciños da nosa cidade se opoñan, despois de tantos anos de loita contra o Sida, a que se instale un local social deste colectivo e traten aos enfermos como apestados aos que ahí que desterrar e incluso se mobilicen contra os mesmos cando en moitos outros problemas que poder haber no seu barrio ou ante a grave situación laboral desta cidade, con altas taxas de desemprego, temporalidade, baixos salarios, raquíticas pensións, emigración forzosa e tantos outras inxustizas sociais que se ven tódolos días, permanecen impasibles. Non podemos consentir que se marxine aos que teñen a desgracia de contraer ista enfirmidade, nen podemos permitir que se frustren os esforzos de tantas persoas que desde o Comité Anti-Sida loitan por facer frente e axudas ás vitimas