PROYECTOS
30 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A oficina que coordina o labor de voluntariado da Universidade de Vigo no campus de Ourense está traballando na posta en marcha doutro servizo pioneiro. Trataríase de que os estudantes dispostos a colaborar realizasen un labor de acompañamento nas consultas externas do Complexo Hospitalario de Ourense durante as mañás. ?Así, guiarían aos pacientes -sobre todo aos de maior idade e aos que teñen dificultades de mobilidade- polas dependencias sanitarias cando estes tivesen que acudir á consulta médica.