NOVIDADES
30 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Os anciáns son os beneficiarios dun dos programas de voluntariado postos en marcha o pasado curso pola Oficina de Servizos Integrais á Xuventude do campus de Ourense. Baixo a denominación «Apadriña un avó» desenvólvese, desde fai un ano, unha iniciativa que consiste en que un universitario visite a un ancián, sempre ao mesmo, ingresado na Residencia para a terceira idade Nosa Señora dos Milagros . Unha estratexia contra a soidade: as persoas que apenas reciben visitas terán asegurada unha á semana.