DENDE O ORCELLÓN | O |
02 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.ACARIÑAMOS o vento do outono para lembrarnos que aínda non esquecemos o sofocante lume que ardeu este verán. Mentres a acción mediática dos lumes continua polas nosas cidades e vilas, enchendo poleiros e televisións vagas de entretemento. Cecais esquecemos que aquí ardeu moito nos anos anteriores, pero este foi un verán especial, ou máis ben ímoslle chamar espacial, xa que ata os da NASA se deron conta de que aquí en Galicia leva ardendo a cachón máis de 20 anos, pero según eles este ano afumóuselle o satélite con tanto sarallo. E aquí nesta nosa terra que ano tras ano a natureza volvese xenerosa resistíndose a morrer decapitada polo capitalismo aplastante do eucalipto. Claro agora están os do Bloque que queren cambiar o productivo eucalipto polo nostálxico e poético castiñeiro que según algúns só vale para encher paxinas literarias de paixón. Se en vez de que levantara a cabeza Franco como desexan algúns, levantara o noso antergo Breogán, outro carballo nacería, e a ben seguro que agora estaríamos a falar doutro imperio.