«Co edificio do casco histórico teremos as instalacións axeitadas»

OURENSE

MARÍA MIGUÉLEZ

En dous minutos | Alberto Pascual

28 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?os vindeiros días, concretamente o 9 de octubro, comenzará a súa actividade a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, unha institución que acolle cada ano a centos de persoas que queren achegarse ó traballo artístico ou perfeccionar os seus coñecementos. Alberto Pascual é o responsable da mesma. -¿Que volume de matrícula ten a escola? -No caso do curso 2006-2007 aínda non sabemos canta xente imos ter xa que aínda está aberto o prazo de matrícula. Normalmente temos por curso entre 250 e 300 alumnos, xa que é imposible ter máis xente coas instalacións actuais. Incluso por veces fanse turnos en determinadas especialidades. De medio teremos uns 250 alumnos por ano. -¿Cal é o perfil da xente que acude á esta escola? -Maioritariamente son profesionais liberais, persoas adscritas a institucións ou que non están coartados por contratos de traballo e horarios. Tamén amas de casa e outras persoas que non acuden a institucións cun horario lectivo. Basicamente son persoas maiores de 30 anos que queren complementar ou desenvolver as súas inquitudes artísticas. -¿Que especialidades poden cursar neste centro? -Debuxo artístico, debuxo preparatorio para a pintura, pintura, talla en madeira, alfarería e modulado e vaciado, Antes tiñas debuxo lineal, agora non, e este ano incrementouse con esmalte cerámico. -¿Cando contan ter as novas instalacións? -Agora estamos nos locais da Deputación que están na esquina entre a Praza Maior e Doctor Marañón, o que era os antigos almacéns Sefer. Aínda que contamos con tres plantas estamos moi xustos e non temos sitio para despachos, nin sala de exposicións nin espazos axeitados para desenvolver cursos de especialidades ou outras experiencias similares. Aínda que non nos podemos queixar o que si é certo é que estamos especialmente sensibilizados e agardando a que se acometa dunha vez por todas a rehabilitación do edificio do casco histórico para contar cunha sede propia e unhas instalacións axeitadas para impartir clases, facer exposicións e ter lugares para o intercambio de proxectos e experiencias con outros centros artísticos.