DENDE O ORCELLÓN | O |
18 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.VAI caendo paseniño o verán e ben temperán outono, coas chuvias de nostalxia que nos arrecunchan, acariñan e enchen a lacena de moitos froitos do estío, mazás, peras, figos, pexegos e uvas de moitas castes, este ano parece que a colleita ben algo cedo, debido ás altas temperaturas deste quente verán, a frouma dos piñeiros mortos tamén se amorea na beira das cunetas. Namentres os nosos labregos con moita faena comezan a nosa vendima, con certa incerteza ao que lle poden sacar económicamente as súas vides. O Xerez xa nin o queren os propios labregos, canto menos as modernas adegas, así e todo algúns aínda seguen teimando en facer vulto a base de kilos, mentres outros pensan nas novas tecnoloxías, na producción integrada, nas novas técnicas de cultivo ou na innovación. Por iso os nosos viños teñen cada vez máis prestixio. O camiño aínda non está de todo andado, pero o que sí está claro é as denominacións ourensáns son inexpugnables, cecais o xigante asiático non sabe que iso non o pode copiar, pola contra o sector textil esmorécenos na man pola culpa duns empresarios avarentos.