Crónica | Conta atrás para as eleccións municipais
16 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?nte micros e cámaras os políticos conxugan o verbo rentabilizar. Foi o que fixo onte Alexandre Sánchez Vidal, que aproveitou a homenaxe a Bóveda (convocada polo seu partido, eso sí) e a lembranza a Peña para pór o traxe de candidato á alcaldía de Ourense polo BNG e facer precampaña, aínda que fora en terreo xa abonado, o nacionalista. Xunto á casa natal do galeguista fusilado, o Bloque desplegou os carteis do seu Fórum da Cidadanía, unha fórmula a traveso da que o partido quere crear o seu propio concepto de Ourense, con debates ó longo de todo un ano -xusto o que transcorre dende que se presentou, en abril, ata as próximas municipais-. No seu discurso non puido deixar de imaxinarse sentado no despacho da alcaldía. «Nos futuros labores de goberno que vamos ter nesta cidade, faremos de Alexandre Bóveda e de Pepe Peña referentes éticos», asegurou Sánchez Vidal, que loubou o papel desenvolvido por ámbolos dous no desenrolo de Galicia. Promesas E nun mitin, ainda que sexa disfrazado, non poden faltar as promesas. A que onte fixo Sánchez Vidal ten que ver co futuro da cidade que aspira a gobernar: «Comprometémonos, unha vez que cheguemos ó goberno, a crear becas para promover o desenvolvemente da cidade. Chamaríanse Auria Nós e fallaríanse en tal día coma hoxe». Claro que pode haber quen pense que Ourense xa non dá para máis teorías e precisa, básicamente, algo de práctica. «Bóveda e Peña puxeron a súa vida a disposición do pobo dende a liberdade individual e o compromiso. Serán para nós alento e espello», continuou o candidato nacionalista. As precampañas, sempre cheas de boas intencións... e no caso de Sánchez Vidal, tamén de exemplos.