Memoria Histórica | Edítase «Guerrilleiro contra Franco»
13 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? Ano da Memoria Histórica está contribuindo, na medida das posibilidades das asociacións implicadas na recuperación histórica, a rescatar a figura e os episodios que padeceron moitas das víctimas do franquismo e dos que loitaron contra a dictadura. Nesa liña aparece agora «Guerrilleiro contra Franco. A guerrilla antifranquista de Galiza-León. 1936-1951», do que é autor un perfecto coñecedor daqueles feitos: Francisco Martínez-López, Quico, destacado guerrilleiro da partida de Manuel Girón que salvou á vida grazas a elixiarse en Francia en 1951. Quico lembra neste libro editado na colección O Fardel da Memoria, de Edicións A Nosa Terra, os acontecementos vividos durante todos aqueles anos polas terras de Casaio, O Barco, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e a comarca de O Bierzo. Bautismo en O Barco O ano 1947 o lugar de Chavaga, en Monforte, acolleu a xuntanza dos guerrilleiros. «No camiño cara a Chavaga escapamos dunha patrulla de guardas civís nos arredores da estación do Barco de Valdeorras. Foi o meu bautismo de fogo como guerrilleiro». As vivencias vencelladas á xuntanza que citou nos montes de Casaio -o chamado «Congreso da Selva»- ós guerrilleiros de Galiza e León, a esperanza que prendeu nos anos 48-50 logo da derrota do fascismo en Europa «daquela vivíase un combate que, nas provincias de Ourense e León, implicaba neste período a miles de demócratas e centos de casas de apoio. Un gran número de mestres e até de curas apoiábannos... Ás veces chegaban persoas de Barcelona e de Madrid devecendo por colaborar connosco» e os momentos máis amargos «Á nosa amiga Carmen, de Vilamartín de Valdeorras...A Brigadilla tívoa encerrada nun lugar secreto durante máis de un ano antes de abandonala, morta, embarazada de seis meses e salvaxemente desfigurada en Montearanas, perto de Ponferrada». Quico tamén deixa patente en «Guerrilleiro contra Franco» a decepción do colectivo co PSOE e co goberno de Felipe González, que rexeitou no seu día a recuperación da memoria destes loitadores.