Crónica | Homenaxe ó escritor fusilado en 1936
16 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? barbarie e o silenzo son as lousas máis pesadas, aquelas das que é unha miragre fuxir sen morar para sempre no esquencemento. Ainda que, por veces, hai persoas ou colectivos que percorren o camiño da outra beira para facer xustiza, e xustiza de verdade -non a xustiza dos que reclaman privilexios e rexeitan o coñecemento da realidade dos que sufragan as súas retribucións-. Nesta ocasión o colectivo foi o Foro da Memoria Republicana e o acto de xustiza a recuperación da figura de Manuel Gómez del Valle cunha homenaxe ó escritor fusilado o 11 de agosto de 1936 no tristemente lembrado Campo de Aragón. No Ateneo, co seu fillo Ernesto e o resto da familia como testemuñas, Manuel Peña Rey, Marcos Valcárcel e Xesús Alonso Montero lembraron os seus comezos como xornalista e escritor en diferentes revistas e publicacións en Cuba, e logo en Ourense tralo retorno da familia á cidade. O seu compromiso con Socorro Rojo e o PC, a traxedia vivida pola familia coa represión que se ensañou coa súa irmá María -presa e torturada en Celanova para ser asasinada logo na Lomba de Lamas xunto a ourensana Salud Torres o 29 de octubro de 1937- ou con Caíto, ametrallado, foron algúns dos aspectos lembrados na homenaxe. Monumento Marcos Valcárcel lembrou na súa exposición a moitos dos que padeceron a represión e as consecuencias da guerra, tanto ós que morreron como ós que constituiron a «xeración cortada» e Alonso Montero referiuse ó compromiso de Manuel Gómez del Valle como escritor coa liberdade e a xustiza, o que lle fixo víctima propiciatoria do xenocidio cultural da guerra e o convertiu no primeiro escritor fusilado en Galicia no 36. O Foro da Memoria Republicana diu a coñecer a súa intención de promover un monumento para lembrar a figura e a obra de Manuel Gómez del Valle. Verín En Verín tamén se celebrou un acto de homenaxe e lembranza das víctimas da represión. Un coloquio con Xerardo Dasairas e a proxección dun vídeo en lembranza do escritor exiliado Silvio Santiago foron parte das actividades.