DENDE O ORCELLÓN | O |
29 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.COMENZOU na cidade das Burgas este tempo do calor abafante que nos queima, e claro sempre nos costa afacernos, así tardamos mais tempo en durmir. Na medida que refresca o sono cunde, e aí comezan os soños mais profundos. Nun destes soños profundos tiven un soño. Un soño de tempo futuro, que durou dabondo, pero cecais eu zugueino en poucas verbas. Ía eu nun tren moderno, rápido, acolledor, con amplos servizos, o meu destino era o eixe vertebrador de Galicia, unha gran cidade chamada Ourense. Alí estaba unha enorme estación ferroviaria da cal partían trens a outras cidades de Galicia, Asturias e Portugal. Cando cheguei a terminal a información dábase na nosa lingua o galego e catro linguas mais. Do tren baixaba moita xente nova que viña estudiar á universidade de Ourense. Tamén que viña traballar dende Vigo, Pontevedra, Coruña, Lugo, Oporto, ás numerosas empresas da area metropolitana das Burgas. No meu soño, a vella Auria era unha gran cidade chea de privilexios, tal como soñaran no pasado os nosos devanceiros romanos. Espertei de súpeto, e pensei que quedaba moito por facer.