BALCÓN DE MOREIRAS | O |
18 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.«Había una vez un circo, que alegraba siempre el corazón, lleno de ilusión...» cantaban os paiasos da cadea única da Televisión Española en branco e negro aló polos anos sesenta e setenta. En Ourense hai un circo montado no Concello, máis non para sorrir, senón para botarse a chorar... O secretario don Mariano, ven a solta-la lingoa, agora que o Pleno o castiga sen emprego e sen soldo. E fala de enriquecemento. Lembra un o que contara o sempre recordado don Ramón Otero Pedrayo, sobor do topónimo do Castro de Caldelas. Elí había un conde, e en Monforte outro. O de Lemos mandou un emisario ao do Castro, para pedirlle a man dunha das fillas para seu herdeiro. «¿Cal delas?», respostou o do Castro. De eí, dí don Ramón, que naceu o nome de Castro de Caldelas. Don Mariano sabe que noutros tempos os edís non cobraban, hoxe sí. Esto leva lóxicamente ao enriquecemento. Máis o grave do asunto e que don Mariano, vén denunciar non sei que pelotazos do noso primeiro edil. ¿Por que calou o secretario perferindo non dicir nada ata agora? Pois o que cala otorga. Sempres se dixo así, ¿non, don Mariano?