Entrevista | Joaquín Bautista Prieto Rodríguez PRESIDENTE DO CONSORCIO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS DE VALDEORRAS
12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.? alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto, acaba de ser reelexido como presidente do consorcio de extinción de incendios da comarca de Valdeorras tralos obrigados cambios que impuxo o cambio de goberno autonómico. Asume o cargo coa mesma ilusión que tiña ata o de agora e centrará a súa actuación no bo funcionamento do servicio e a protección dos traballadores que o levan a cabo. -¿Que liña de actuación seguirá trala súa reelección como presidente do consorcio? -Seguiremos na mesma liña para que o servicio funcione como é debido. Iso é primordial e despois, como é unha xestión privada, para botarlle un cable ós traballadores en calquera problema que poidan ter no seu traballo. -¿En que punto se atopa a necesaria compra dunha autoescaleira para o parque? -Faltan os concellos de Rubiá y A Veiga por remitir a súa adhesión ó convenio, que se fará agora neste mes. Unha vez que os teñamos todos remitirémolo á Xunta e á Diputación para iniciar a tramitación. -Ademais da autoescaleira, ¿que outras dotacións necesita o parque? -De momento estamos ben servidos e os bombeiros están ben equipados pero o que sí faría falta é un pick-up , un vehículo de pequena intervención como o que teñen tódolos parques. Unha vez que teñamos a autoescaleira será o seguinte punto. -¿Pensa que o modelo de xestión, a través dunha empresa privada, é o máis axeitado? -Non o sei, porque de momento ésta funcionando ben, sobre todo de cara ó que é o cumprimento do servicio. Habería que saber cómo funcionaría da outra maneira para poder comparar. -¿Opina que os parques da provincia de Ourense deberían fusionarse como xa ocurriu en A Coruña? -Eso habería que estudialo como Deus manda para saber cales serían os pros e contras.