Entrevista | Raimundo Gulín MÉDICO DO CENTRO DE SAÚDE VALLE INCLÁN Parece existir coincidencia en que o labor de prevención, crucial ante casos de hipertensión, debe comezar, no ámbito sanitario, no escalafón máis próximo ao cidadán, o centro de saúde
21 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.?aimundo Gulín, médico de familia no centro de saúde Valle Inclán, foi un dos participantes no congreso de hipertensión na xornada de onte. -Pola súa incidencia na nosa realidad, semella algo inevitable. -A hipertensión é un factor de risco, máis importante na enfermidade cerebrovascular que na cardíaca, pero é un factor modificable, igual que o colesterol, a diabetes ou o tabaco, ao contrario do que sucede con outros factores tamén de risco, como a idade ou o sexo. Por iso, o noso papel en atención primaria é moi importante para facer, precisamente, prevención primaria, para traballar intentando modificar eses factores que poden provocar patoloxías moi graves. -¿Conséguese cambiar algo na vida dun paciente que se senta do outro lado da mesa? -Non é fácil modificar hábitos de conduta, sobre todo cando os enfermos non tiveron ningún tipo de problema derivado dese risco. Cando o tiveron, é máis fácil. É cuestión de moito traballo dos médicos de primaria e das enfermeiras, de insistir e insistir. -¿Existen protocolos ou pautas de actuación para conseguir resultados no control da hipertensión? -Nós seguimos normalmente un programa de actividades preventivas, recomendado pol Sociedade espñaola de medicina de familia e protocolos da Consellería de Sanidade. Recomendan facer sistematicamente unha serie de actividades cos enfermos a partir de certa idade: controlar tensión arterial, colesterol, saber se fuma, facer análises de glucosa... Estas probas fanse cunha periodicidade determinada. Se acaban sendo diangosticados dalgún problema, a decisión vai cambiando segundo o diagnóstico. Se non, séguese co protocolo de prevención. -Algúns especialistas reclaman unha maior implicación da administración. -Na loita contra o tabaco, por exemplo, é fundamental o papel activo da administración. En canto a recomendacións na alimentación, tamén dende a administración sería importante incidir, tratar de evitar a obesidade, promocionar a actividade física... Está ben que se incida. -Neste congreso analízanse as últimas novas sobre o tema, ¿hai algunha clave de cara á prevención? -As recomendacións seguen sendo as xa coñecidas: dieta baixa en sal, facer exercicio regular en función das circunstancias de cada persoa, evitar sobrepeso, non fumar e controlar periodicamente a tensión. Se se toman fármacos, cumplir adecuadamente os tratamentos.