«A alimentación actual é catastrófica»

Mar Gil OURENSE

OURENSE

Diabetes, obesidade e, en xeral, as patoloxías cardiovasculares son enfermidades propias das sociedade opulentas. Son un problema do primeiro mundo, que morre afogado na súa riqueza. O doctor Otero alerta sobre a súa importancia. -A alimentación vai ser un asunto recurrente neste congreso. -A alimentación é fundamental; a alimentación actual, a base de graxas saturadas, é totalmente catastrófica. N obesidade infantil empezan todos os problemas. Hoxe hai moitos nenos que teñen alteracións do colesterol; o consumo de bollería industrial provoca problemas en idades moi prematuras e acaba lesionando as arterias. -¿Ese é o futuro? -Dende a nosa perspectiva, é estremecedor. A patoloxía cardiovascular é hoxe a primeira causa de ingreso hospitalario e a diabetes é a primeira causa de ingreso en diálise.