DIARIO DE AURIA | O |
29 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.EL NON non precisa un boss de campaña, un director de márquetin. El, na cousa electoral, é catedrático. Sen moverse do trono da Deputación, o virrei Baltar conseguiu que unha descoñecida ocupe portadas e titulares de prensa. E con ela, incorporado, vai o estandarte do Partido Popular de Ourense. Nin o Pesoe nin o BNG conseguiron tal gracia. Baltar, si. Escolle a unha muchacha de nulo currículum político que aporta, segundo ela, unha gran «capacidade de traballo». O meu pai tamén a ten. Levantouse toda a vida ás seis da mañá e, sen embargo, ninguén o chamou nunca para encabezar unha candidatura. A Amparo chamouna Baltar. Ela non ten que facer nada: só dicir amén. Escribín a pasada semana que o resultado de Baltar sería o mesmo se incorporase como cabeza, do Pepé, unha estatua de porcelana. Ratifícome. E non só iso: canto máis descoñecida sexa a estatua, mellor. Amparo, sen motivo, ocupa titulares. É o centro de atención. A min só me queda darlle a benvida ao proceloso mundo do columnismo periodístico. Espero que á capacidade de traballo una, polo ben da provincia, un hálito de intelixencia. Pero si lo sabe el virrei, Amparito, puedes darte por sentenciada. Porque a las estatuas las prefiere mudas. Y de porcelana, corazón.