¡ Qué importa!

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

22 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ANDA esta provincia preocupada pola cabeza de lista popular. Qué máis dá. A cabeza de lista do Pepé podería ser unha estatua, unha escultura de cerámica, non importa. Aquí vótase Baltar. Por tal motivo o virrei coloca, sempre, a alguén descoñecido na cabeza: porque as victorias son súas, fundamentalmente. Alberto Núñez podía ensombrecer a súa grandeza e, probablemente, sacaría menos votos que a estatua de cerámica que Baltar presente nesta lexislatura. As Autonómicas, onde o virrei arrasa, son unha homenaxe a si mesmo. Un baño de multitudes. Un cincuenta e tantos por cento. El está preparado. E se as eleccións fosen mañá mesmo, el estaría preparado. Por iso o virrei gana por goleada: porque os outros non o están. Polo menos non están tan preparados: falta de adestramento, de partidos, de broncas co árbitro. Cando saes desta provincia coñeces a realidade. En todas partes pode moverse o número de escanos populares. En Ourense, nin o analista máis conspicuo, se atreve a pronosticar un descenso do Pepé. Porque o virrei, que sae incluso nas noticias da TVE, soubo crear a infraestructura perfecta. Caciquil, si, pero perfecta. Por tal motivo, aquí nada cambia. Nada cambiará. Baltar canta: yo sigo siendo el (vi)rrey.