O boletín do museo

LUIS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPURNIA | O |

18 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

RESULTA gratificante poder ser beneficiario do labor realizado polo «Grupo Marcelo Macías». Labor de incuestionábel cualidade científica demostrado, nos diversos proxectos e publicacións, ao longo dos anos que levan traballando a prol de Ourense de forma calada e desinteresada, coma cómpre agardar de toda empresa cultural de envergadura intelectual e proxección alén do noso umbigo. Herdeiros dunha tradición na que o intelecto é posto ao servizo do estudo e divulgación do pasado da nosa provincia e co Museo Arqueolóxico convertido en centro dinamizador da actividade cultural Auriense e aberto á cidadanía, como gostou de facer Ferro Couselo. Agasallannos, agora, coa edición dixitalizada do Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense. Proxecto no que levan anos traballando e que permite a investigadores e curiosos do noso pasado, achegarse a esta Monumenta Documental que deu dimensión internacional a Ourense nos ámbetos museísticos e historiográficos e deron lugar a que esta pequena cidade fose considerada a Atenas de Galiza. ¡Tempos!