DIARIO DE AURIA | O |
05 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.OS anónimos son os que fan esta Auria bonita, os que a constrúen a diario: sen titulares de prensa, sen entrevistas, sen medallas de recoñecemento ao mérito provincial. No entroido, tamén. O carnaval é unha festa do pobo, para o pobo. Non é unha festa de grandes nomes, nin demagoxia, nin campaña electoral (por mucho que se empeñen). Non é unha festa organizada: é pura desorganización, simplemente. O entroido fai do caos un estado de boaventura, unha categoría kantiana, un modo de estar, ser, parecer. Nestes tres verbos confúndense e consúmase a esencia do entroido. Podemos xogar cos verbos e encontramos definicións variopintas e, sempre, acertadas: somos o que parecemos, estamos e somos para parecer, parece que somos onde estamos. Cousas así. Non convén romper moito a cabeza. Só disfrutar. Adentrarnos na danza do ventre de cada noite. Esquecer os bos consellos que os galenos nos recomendan a diario: colesterol, triglicéridos, ácido úrico. Esquecernos do real para nadar na vasoira dos soños. Una escobita mágica de bruja con pelo verde, mil caricias perdidas en las comisuras de un te quiero, gritos de risa y lunas de papel. Vivan vostedes. Gocen. Abaniquen o rostro co abanico da felicidade. Es carnaval.