DIARIO DE AURIA | O |
04 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Esta fin de semana quero divagar. A mesma palabra di todo o que dicir quere: di-vagar. Ou sexa que un di e, ademais, vaga. Evanescencia, flotación, vagancia, insuficiencia, esquecer un pouco a realidade cotiá desta provincia consumida século tras século, constantemente. Gústame mirar estes días os restos da marmaña por riba da herba: verdísima. Mirar as muchachas con bufanda cando corren lixeiras ao traballo, universidade, ao instituto, aos brazos dun amante salvador que ten labios de chocolate e corazón de Romeo. Gústame que me escriban cartas os que len os meus artigos e pensan que eu penso como eles pensan (creo que xa deixei de pensar). Gústame este Ourense de menos, de febreiro, porque é un Ourense de máis, de primavera. Gústame que esta semana se celebre o entroido e que