15 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.
SUPERADAS, ¿superadas?, as liortas sobre o pacto Fraga-Baltar ou viceversa chega a hora da verdade. Polo que se viu no último pleno provincial existe unha empresa de componentes de automoción que se quere instalar na Rúa para crear 160 postos de traballo e a Xunta pónlle impedimentos e trabas para que acabe indo para Vigo -soalles a algo o de Denso Sistem-. Agora é o momento de saber se de verdad Baltar conseguiu sacar algo de Fraga o se non lle fixeron nin caso.