¡Moito manda Baltar!

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

02 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NO goberno de España manda Pascual Maragall. No PSOE Felipe González. No Bloque Nacionalista Galego ordena a UPG. ¿E no Partido Popular de Galicia? Polo que se vai vendo, José Luis Baltar. Sí, porque cando Baltar plantexou o seu pulso a Manuel Fraga, él ben sabía cos que contaba. Cuiña, moito en Pontevedra. Cacharro Pardo en Lugo. ¿Quén na Coruña? Baltar está farto de carrexar votos e que logo a nosa provincia siga a velas vir. ¿Non foi Ourense e Murcia os referentes nas últimas eleccións xerais? ¿E iso os de Madrid no se enteran? Un servidor, que xa está de volta de uns e de outros, olla con certa frialdade o acontecer cotián. A crise pasada, onde houbos que vian a Baltar como perdedor, terán a estas alturas da película, que si dona «prudencia» é unha señora moi vella, os de falta de lealtade «de toda la vida», estaranse a frota-los ollos. ¿Verdade que Baltar estará a mirarlle á faciana a algúns do seus, sexan delegados ou alcaldes? Cada partido ten a súa forma de facer política. Todos, á conquista do poder e exercelo. O demáis, é díxome, díxome....