O estafermo

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

24 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SEGUE eí, insultante, ao carón da ponte Vella, da capela da virxe de Os Remedios e do colexio salesiano. Contan que os do Medio Ambiente -¿cándo teremos ambiente enteiro?- escomenzaron as obras pola caladiña. Contan tamén que o delegado de Cultura, José Luis Pérez, «ni estaba ni se le esperaba», ata que La Voz puxo o estafermo á luz dos ourensáns. Si Rodríguez Zapatero está rodeado de incompetentes -señoras fríovolas na revista Vogue - os da Xunta tamén andan aos grilos. Sobor de todo Pérez Varela que, liado co Xacobeo (sin Carmina Buara, claro), non ten tempo de relevar ao delegado en Ourense, pondo como exemplo a Luis Rosendo que non o fixo mal como subdelegado do Goberno central e está a pedir paso na política provincial do PP, polo menos. Así que entre incompetentes e ineptos segue o estafermo a nos cabrear xunto a ponte Vella e a capela de Os Remedios. Esa virxe, a máis ourensá de todas. ¿Terá culpa tamén Aznar...?