? 25 de abril fixo albergar as esperanzas a moitos galegos que acudiron a Portugal para vivir unha realidade que desexaban no seu propio país. -¿Por que elexiu a «Grândola» para rematar coa dictadura? -O tema do Zeca Afonso é hoxendía o himno revolucionario e estará ligado ao 25 de abril por sempre. Eu necesitaba un sinal para iniciar as operacións e unha canle para movilizar ao país. Pensei noutros temas do José Afonso -como Venham mais cinco- máis estaban prohibidos naquela altura pola Policía Política -a temida Pide- e elexín a Grândola, vila morena pola súa connotación política e pola capacidade de movilizar á xente «O pobo é quen máis ordena» era un chamamento democrático. E logo escollimos a emisora católica, que tiña cobertura do Miño ao Algarve. Cando os meus capitáns escoitasen aquilo saberían que tiña chegado o momento de actuar. -¿Tiña relación co autor? -Antes do 25 de abril non o coñecía persoalmente. Logo fixémonos moi amigos. El gostaba moito de Galicia e decía que se sentía máis querido e mellor tratado aquí que no seu propio país.