O monstro verde non da chegado

XOSÉ M. RODRÍGUEZ

OURENSE

ANACOS | O |

12 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

POR VECES está ben que as pequenas cousas acaben tirando por terra as grandes manifestacións que algúns queren facer letra de molde nesa maravillosa historia dunha suposta Atenas de Galicia -que habería que rebautizar na «antenas de Galicia», por aquilo que ten de ruxe-ruxe, de burgo de escaparate e papel couché, de chismorreo e poucas iniciativas de verdadeira proxección de futuro. Aínda que, non sexamos mal pensados, algunha hai que se pode salvar-. O dito. Mentras gastamos pólvora e unha morea de euros en certames culturais internacionais logo os que tiran o diñeiro deses eventos -seleccionados no marabilloso concurso público do dedo do político de turno- recoñecen en entrevistas públicas que a cousa non pita e que non se lle ve solución. Iso si, antes cobraron a conta dos impostos de todos nós. Outro dato singular, aséptico e demoledor, acaba de constatarse agora. Mentras medio planeta ten a oportunidade de escachar a rir co monstro verde de Shrek 2 en Ourense non se sabe nada da película. En Cangas, Carballo, Lalín ou Nigrán, por citar algunhas vilas, si que se exhibe. A realidade supera aos políticos.