Prepotencia

ELÍAS DOMÍNGUEZPRIETO

OURENSE

TEMAS DO PAÍS | O |

28 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

EMPEZAN a aparecer acusacións de prepotencia que algúns xustifican en función do apoio popular dos votos. A prepotencia non a da o número de votos, senon unha característica da personalidade do/a prepotente fundamentado nun autoconcepto demasiado positivo, e que, curiosamente, en moitos casos obedeceao refrán tan sabio de «dime de qué presumes e direiche de qué careces». Dende o ámbito da psicoloxía tamén ten a súa explicación baixo mecanismos de proxección, compensación ou sublimación, dando lugar a comportamentos completamente prepotentes dende complexos de inferioridade. Qué fácil é respaldarse na forza dos votos, no poder divino ou detrás dunas crenzas relixiosas, políticas ou de calqueira outro tipo de arma para impoñer caprichos persoais, que non criterios obxectivos, sin ter en conta a necesidade do outro e impoñer máis que dispoñer. E cando o outro se somete, suplica, entón conceder graciosamente, pero nunca ceder, pois implica recoñecer unha derrota, e eso nunca. Como escribe Gareth Morgan "A política é a sublimación da guerra".