TEMAS DO PAÍS | O |
05 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ISO foi o que pensei cando vin na Voz que o Eixo Atlántico deseña o segundo Plano Estratéxico de Galiza-Norte de Portugal que marcará con carácter específico estratexias para Ourense. Incríbel. Primeiro foi o Plan de desenvolvimento para Ourense que naceu nos sindicatos, segundo o Plan Factor de Turismo, terceiro o Plan Estratéxico, en cuarto lugar está a Axenda 21, e por se non fosen suficientes, xa está en marcha un segundo Plan Estratéxico do Eixo Atlántico. De plans non estamos mal, mais ocórreseme pensar se denantes de facer o segundo non sería bo analisar os resultados do primeiro, e saber cantas obras están realizadas. Igualmente se o deseño do Plano Estratéxico para Ourense seguen en vigor ou non. Os políticos que ostentan o poder, incapaces de sacar á provincia dos últimos lugares, empregan a táctica da confusión con estudos e máis estudos, cando o que necesitamos son realidades a executar, iso si, gastando centenarias cantidades en todo tipo de parafernalias, tentando convencer á cidadanía de proxectos futuríbeis.