Entrevista | Óscar Freire PORTAVOZ DE ADEGA EN OURENSE «Se hai vontade política e conciencia se pode facer unha cidade con futuro. Non estamos tan industrializados como para ter que romper con todo e empezar dende cero»
03 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? representante da directiva de Adega, Óscar Freire, destaca as «contradiccións evidentes entre o modelo de cidade que o Concello vende e o proxecto real que está a plasmar na cidade». -¿Por eso piden a adhesión á Campaña das cidades europeas sustentables? -Por eso. Porque cremos que é a única forma de comprometerse e a cidade de Ourense, os cidadáns, deben esixir ese compromiso ós gobernantes. -Todos sabemos a teoría, pero ¿a práctica é tozuda en Ourense? -Nós, como asociación ecoloxista, pero tamén como veciños, pedimos máis zonas verdes, porque a tozuda realidade é que nesta cidade crecemos en cemento. -¿Qué cré que se pode facer dende o Concello? -O primeiro paso sería a creación, dunha vez, do consello medioambiental do que tanto falan pero non poñen en marcha. Despois, máis zonas verdes e espacios cidadáns, os ríos limpos e a atención a natureza, non plantiñas en macetas no centro da cidade. -¿Estamos aínda a tempo para facer desta unha cidad sustentable? -Por suposto que sí. Aínda que haxa cousas mal feitas se hai vontade política e conciencia se pode facer unha cidade con futuro. Non somo unha cidade tan grande nin tan industrializada como para romper con todo e empezar dende cero. Pero os cidadáns non deberiamos permitir ó Concello que nos quite un pulmón como a finca de Mariñamansa ou que construia en Barrocás sin deixar zonas verdes.