Entrevista | Manuel Dacal Rodríguez AVOGADO
16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Xunto con Antonio Valencia, o avogado Manuel Dacal participará hoxe nun acto da asociación de fibromialxia, na aula cultural de Caixanova, ás 20.00 horas. -¿Cal é aquí o papel dun avogado? -A asociación vén organizando charlas con distintos sectores e agora tócanos a nós. Será unha charla informativa para que os afectados saiban os dereitos que teñen e cal é o proceso xurídico dende que empeza unha incapacidade temporal. -Estes enfermos teñen unha loita clara fronte á administración. -A enfermidade foi recoñecida como tal pola OMS en 1993, é unha enfermidade moi nova. Chega a ser incapacitante para o 25% dos pacientes, pero non é recoñecida, por si soa, como causa de invalidez. -¿Cal é a realidade no xudicial? -No eido xudicial era unha enfermidade descoñecida en canto a invalideces. Ata agora só hai unha sentencia en Cataluña na que se recoñece invalidez absoluta total, pero por fibromialxia asociada a fatiga crónica. Aquí, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou unha absoluta total a unha ourensá, pero tamén con outras patoloxías asociadas á fibromialxia. Estas sentencias abren unha vía de normalización dentro do marco xurídico, pero os xuíces teñen que aplicar a lei, así que tense que recoller na lei que esta enfermidade poida ser causa de incapacidade permanente. -É desesperante para os enfermos. -Para eles plantéxanse tres aspectos: o vital, porque é un mal crónico; o familiar, porque hai perdas económicas, e o psicoafectivo, porque hai que pensa que fan a maula.