Solidaridade

ANTÓN SÁNCHEZ RIVERO

OURENSE

TEMAS DO PAÍS | O |

13 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

TEÑO FALADO neste pequeno espazo dalgunhas cousas que acontecen no noso Ourense. Coido que aínda quedan moitas das que seguirei falando. Máis no día de hoxe teño para mín que todas elas poden resultar mínimas e fora de lugar se temos en conta o brutal atentado que ocupa o pensamento de tódolos cidadáns do Estado. É realmente pavoroso ver como uns seres humanos poden chegar a producir accións que teñan como resultado o asasinato masivo acontecido en Madrid. Por isto a solidaridade co todo o pobo de Madrid, coas familias dos mortos e mutilados, cos nenos que quedaron sen pais e nais, e máis tamén cos miles de nenos que diariamente morren de fame e cos milleiros de africanos e africanas que morren a cotío da Sida e coas 200 víctimas do atentado de Kerbala, etcétera. E, mentras tanto, moitos de nós seguiremos pensando que todavía é posibel realizar a construcción dun mundo moito mellor.