Entrevista | Abelardo Crespo Crespo FOTÓGRAFO AFECCIONADO
11 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?en 32 anos e gaña a vida como traballador das brigadas forestais de Valdeorras, pero Abelardo Crespo é un xóven barquense con un potencial artístico que lle permitiu acadar premios como músico, como realizador de curtametraxes e, máis recentemente, como fotógrafo. O pasado lúns acadaba nesa última faceta o primero premio do certame organizado polo Concello de Cangas co gallo do Día da Muller Traballadora. -Das súas facetas artísticas ¿cál lle gusta máis? -Son bastante polifacético e inquieto, e móvome por impulsos según a tempada. Na música cheguei a formar parte de tres grupos, despois metínme no cine e agora estou volcado na fotografía pero tamén me gusta moito o diseño por ordenador. -¿Pensa que pode vivir desto? -É difícil vivir da faceta artística en Valdeorras, sea fotográfica ou outra. A mín gústame o traballo de laboratorio e que as fotos trasmitan sensacións a quen as mira. Son máis creativo que realista no que fago. A saída profesional estaría nunha axencia de publicidade ou de diseño, e por aquí non hai. -¿Cómo principiou nesta aficción da fotografía? -Estudiei na Escola de Imaxe e Son de Ourense e unha das asignaturas era a fotografía. Empezou a gustarme e empecei a participar en algunhas exposicións que se fixeron a nivel local. Tamén me seleccionaron algún traballo para o Outono Fotográfico. -¿É optimista de cara ao futuro? -Son cosciente das dificultades de vivir nunha localidade pequena, que ten as súas limitacións para este tipo de cousas. Gustaríame seguir a facer traballos e, de feito estamos xuntándonos un grupo de fotógrafos da bisbarra para formar unha asociación e organizar exposicións, charlas e actividades conxuntas. De momento o que me dá de comer é o traballo na brigada, así que toda esta faceta plantéxoma coma unha actividade para o tempo libre.