Nenos e armas

LUÍS MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPÚRNIA | O |

12 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NESTES tempos nos que aínda, afortunadamente, os valores que se pretende inculcar aos nosos alumnos son eses da paz, a toleráncia, a igualdade home-muller, ... non deixa de sorprender que nun coléxio de Primária os escolares teñan unha espécie de xornadas abertas para lles mostrar as emocións da vida militar. Con certeza que, camuflados e manexando o armamento, máis de un sentiu-se Rambo. A quen se lle ocorreu semellante idea, debeu ficar cheo. E non se trata de facer crítica con todo o que teña que ver co exército, pois un, aínda que contra da sua vontade, serviu al Rei. Mais coincidiremos en que un centro de Primária non é o lugar máis idóneo para realizar unha demostración da modernización das nosas Forzas Armadas que, tras re-conquistar Perejil, iniciaron unha nova etapa de grandeza só equiparábel cos Tércios de Flandes. Como estaban en Avión, ao mellor, quen sabe?, a intención era informar aos rapazes que no exército tiñan un futuro alternativo ao da emigración a México. E aínda que así fose, alguén terá que asumir a resposabilidade.