BALCÓN DE MOREIRAS | O |
11 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.«ÁMOTE» é a recente novela de Xosé Carlos Caneiro. Coñecino nunha cea. Sentouse a miña dereita, claro está. Predixo -desto xa fai algún tempo- que Quintana sería o sucesor de Beiras. Caeume ben. Agora di que é barcelonista e ten «una lágrima cayó en la arena» de Peret, pola traxectoria do Barça. Eu que son celtista de toda a vida, dígollo a Caneiro que as miñas bágoas xa non caen na area, senón na mar océana. Ámote ten que ser unha novela axeitada para este tempo do Nadal, no que todos se desexan felicidade. Comprareina axiña, pois non hai que se perder as boas letras deste xoven e premiadísimo novelista das terras de Verín, alí onde, para sorte nosa, triunfa outro ourensán, Roberto Verino, no mundo da moda. Ámote ten que ser unha novela fermosa. Unha novela á que o seu autor deixe con esa maravillosa maneira de narrar un gratísimo deleite dos que estamos tan necesitados. Caneiro, honra estas páxinas de cotío. Noraboa, amigo.