Entrevista | Tereixa Paz Franco A portavoz do Bloque no Concello de Barbadás e deputada provincial da un salto do comité comarcal da súa organización ata o consello nacional
24 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Está contenta a portavoz do BNG no Concello de Barbadás e deputada provincial, Tereixa Paz. Acaba de ser nomeada representante no consello nacional do BNG -dende o posto na executiva comarcal- e aínda que non dea botes de alegría, a muller sensata que é non oculta o sonriso. Un eslabón máis na vida desta ourensá nacida en Barbadás que con apenas cinco anos soubo o que era a emigración -marchou co seus pais a Suiza de fala alemana onde viviu toda infancia- e o retorno. Esta psicóloga de formación e funcionara de Xustiza de profesión, empeñada en cambiar o mundo. Ela dí de sí mesma que, de puro pensar as cosuas, chega tarde a case todo. «A miña primeira toma de contacto coa política activa foi nun movemento veciñal contra unha agresión urbanística na Valenzá, pero empecei a militar no BNG no 92 como independente e ata nove anos despois no me afiliei á UPG». -¿Foi un proceso de concienciación dentro doutro? -O da UPG é un proceso de maduración e moi reciente, porque é de hai dos anos e medio. Porque entrei na política, no nacionalismo, por unha necesidade instintiva. Máis emocional que racional. Logo te vas formando, e ese sentimento nacionalista cobra corpo ideolóxico e político, e vín que o meu espacio estaba na UPG. Eu son tardía; non son precoz. E claro, tamén cdín o paso ondicionada por algúns referentes. -¿Cales foron eses referente? -Moitos; tanto dentro da UPG como fora. Pero para mín, Alfredo Suárez Canal é un referente importante: polo seu compromiso, responsabilidade, xenerosidade e capacidad de loita. Ademáis, non busca protagonismo. Agora, nesta nova etapa podería ter dado un paso ó frente, e penso eu que por xenerosidade cara o BNG o que deu foi un paso atrás. -Ó marxe da súa relación persoal con Anxo Quintana, ¿cómo cré que vaia encarar esta etapa? -Non teño relación persoal con Quintana, pero creo que vai ser muy distinto a Beiras nas formas. Porque Beiras é unha personalidade tan especial, tan connotada, que é difícil atopar outro igual. -Pero Quintana tamén ten unha marcada personalidade... -Sí, noutro sentido. Quizáis Beiras teña unha imaxen un tanto histriónica e Quin é a antítese deso. El é unha persoa case hierática e ninguén o imaxina sacando o zapato. É máis comedido e reflexivo, máis frío, pero non creo que haxa ningún tipo de moderación no ideolóxico. Está claro que na súa traxectoria, Quin ten sido menos moderado que Beiras. Eu penso que pode cohesionar o BNG e liderar con moito éxito esta nova etapa. Representa a renovación que necesitaba o Bloque. -Vostede milita na UPG, a esquerda do BNG. ¿Hai na súa organización xente de dereitas? -De dereitas, rotundamente, non. O que podería considerarse a ala máis dereitosa ou máis moderada do Bloque é o PNG, pero teñen plenamente asumido que o Bloque é unha organización progresista, de esquerda. As diferencias ideolóxicas son máis teóricas que prácticas.