Quieren ser como tú

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

31 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

AS flores por riba das sepulturas son unha metáfora do que somos, do que imos ser, sen querer, a dentadas. A flores cortadas dispostas sobre a pedra, o mármore, a ausencia: un debuxo desta vida loca, que canta Pancho Céspedes. O un de novembro é un día frío, de distancias, de queimarse en medio da chuvia que sempre nos chove, a golpes de despedida e de abrazos. As lágrimas son un olvido en medio do outono. E a min póñenme triste estes días de novembro. De mortos que morreron levando algo de nós. Auria esperta envolta nas ruínas de si mesma, que son as peores ruinas posibles: os ollos que non están, a boca que falta, o andar miúdo camiñando os recantos dun corredor do pasado. Afortunadamente quédanos o humor do periódico para continuar escribindo columnas: cámaras ocultas nun hospital, a foto de Palmou e Cabezas e Baltar entre risas. Qué simpáticos y cuánto que se quieren los que nos gobiernan. Mañá estamos de onomástica: o día de todos os santos. Portámonos ben, non mentimos, non nos crece o nariz como Pinocho. Somos políticos. Como Terminator, virrei de California. Todos quieren ser como tú, Baltar, pero no te pareces a ninguno.