BUZÓN DEL LECTOR | O |
04 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.¿Que es eso del déficit cero? e ¿como afecta ós cidadáns? Déficit cero, en poucas palabras consiste en axustar ingresos e gastos, de tal maneria que ambas partidas cheguen o empate. A moitos cidadáns tamén gustaríalles chegar cada mes o mesmo déficit nos seus fogares, pero cada vez faíselles máis compricado. O mesmo goberno que resume de nin subir impostos, autoriza a subida da bombona de gas, o incremento das cotas fixas da Telefónica, e non quedará ahí a cousa. O noso concello xa anunciou un incremento do IPC (4%) nos impostos, ademáis do 10% na recollida de basuras, co que neste capítulo o incremento será do 14% e seguro que aínda xurdirá algunha sorpresa máis. Consecuentemente, o cidadán que queira chamar ó déficit cero debera reducir os seus gastos, prescindir da copa cos amigos, da comprar dun disco ou libro, suprimir algunha das actividades extraescolares dos seus fillos, etc. En unha palabra, que as melloras levadas a cabo na cidade son inversamente proporcionais á calidade de vida dos seus cidadáns. Dende o nosos colectivo podemos chegar a entender un incremento xeral igual o do IPC, xa que suponse que os nosos salarios terán o mesmo incremento, pero o que non podemos aceptar e a xestión no noso concello, unha xestión que ante calquera imprevisto se solvente a cargo do cidadán, e referímonos ó caso Sogama. Unha boa xestión permitirianos un concello saneado, capaz de solventar e posteriormente repercutirllo ós cidadáns diluido en tres ou catro exercicios, nun porcentaje consensuado entre todos os grupos políticos.?Eso sí sería xestión, xestión económica e xestión política. Pero isto requiere previsión de futuro e administración responsable. Anacos da cidade . Ourense