Viva Ourense, aunque pierda

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

15 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

REGRESO DAS vacacións e encontro esta traxedia, esta hecatombe, un drama tan terrible que eu mesmo debo recompoñer a figura para escribir a columna. A Tamara le tiran huevos en Maceda. Pobre. A culpa non é dela, nin dos lanzahuevos. A culpa é de quen a contrata, de quen segue os pasos desta camada de monstruillos inanes e anestesiados, de Sardá y su porquería, dos programas do corazón repugnante (o outro, o que se disfraza de licor e lágrimas, é o que nos salva), a culpa é de todos os que nos rouban as ganas de soñar. A culpa é de Gil y Muñoz y la Pantoja, que cantaba aquilo de se me enamora el alma se me enamora cada vez que te veo (¡Ai!). A culpa é do chachachá, das rúas que non teñen bares, dos bares sen poemas de amor. Eu son un afortunado. De noite tírolle dardos á tristeza escoitando ás estrelas, e mirando o pentagrama dunha canción linda linda, e fumando un cigarro entre o delirio deste agosto encantador e encantado. E nada máis na primeira columna do regreso. Que as comisións de festas sigan contratanto ás Tamaras. Esta provincia é unha Tamara continua. Unha Seisdedos. Unha dor que nos procrea. ¡Viva Ourense, aunque pierda!