Promocionar as curtas

OURENSE

O MIRADOIRO | O |

06 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A CURTAMETRAXE é un formato con dúas caras. Por unha banda permite ós novos realizadores amosar as súas capacidades coa cámara ó tempo que forma equipos de producción, e por outra atópase coa dificultade de amosalos ó público sobre unha pantalla. Agás experiencias puntuais que intentan correxir este último desaxuste, é unha das tarefas pendentes nas cinematografías que aspiran a normalizarse. E sobre todo a renovarse, a descubrir valores novos. O recén creado Consorcio Audiovisual de Galicia lidera a experiencia Curtas 03 co obxectivo na promoción das nosas curtametraxes a nivel autonómico, no territorio español e mesmo no mercado internacional. A iniciativa non admite reparos. En Xociviga 2003 prográmanse dez obras que de non ser así permanecerían inéditas. Cando ó cabo duns meses, Curtas 03 faga balance despois de rolar coas súas imaxes para someterse ó xuizo da crítica e do público, moito teremos ganado. Os autores, o audiovisual e o país.