DIARIO DE AURIA | O |
05 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.HOXE levanteime co pé esquerdo, que é como se levantan os ilusos unha vez por semana (polo menos). Levanteime sen ganas de soñar, máis real que o merengue de Beckhan, máis morto que vivo, máis triste, máis peor. Levanteime sen ganas de escribir esta columna, sen falar de Neruda, de Auria, dos ollos verdes da lúa, dos gintonics sen tónica que bebo por rutina. Levanteime alicaído, sen resaca, serio e circunspecto, maduro e responsable. Levanteime porque a miña cama parece unha cama de hospital, sen enfermeiras sinuosas e sen un galeno eficiente que me prescriba morfina para non sentir a vida. Levanteime de malas, sen música, sen princesas subidas na proa da nao pirata que me leva a Itaca, sen poemas, sen esperanza. Levanteime sabendo que vostedes van ler esta columna un domingo y que no tengo derecho a joderles el desayuno. Por iso deben saber que tamén me levantei pensando que as derrotas duran un par de días, que as noites do domingo, do luns, do martes... están pintadas de chocolate, y que son mías. Durante el verano dejaré el viernes y el sábado para vosotros, oh actores y actrices. Espero que no me robéis, también, el resto de la semana.