Bandeira

X.R. CASTRO

OURENSE

BÓVEDA é demasiado forte para o PP. Tanto, que ata a ala galeguista que abandeira Baltar tivo que desdecirse. Alexandre representa os mellores valores dun nacionalismo e unha esquerda que cecais botemos de menos nuns tempos onde a posta en escea e os votos priman sobre os ideais. Nomear fillo predilecto a Bóveda sería o mesmo que recoñecer que este país ten futuro de seu. E nin os da boina, e moito menos os urbanitas de Cabezas, están por admitilo.