CARTAS SINDICALES | O |
12 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.OS EMPRESARIOS que pisotean tódalas leis e despiden a quen pide que se cumpran, os que castigan, reprimen, despiden, impoñen representantes sindicais, colocan sindicatos amarelos, impiden a presencia de sindicatos de clase nas súas empresas, ameazan co despido para obrigar ó voto amarelo, eses son respaldados polos poderes públicos. Esta é a triste vergoña da democracia no mundo laboral ourensán. A organización do minifundista e atrasado mundo empresarial ourensán mira para outro lado e critica o «trasnoitado» sindicalismo de «piquetes» mentras permiten cacerías nas empresas. Os partidos políticos observan esto a distancia, pensando que non vai con eles e ata algún sindicato colabora con esto para ter un delegado máis ainda que patronal. Pobre miseria a de todos aqueles que calan ante esta evidente dictadura dalgúns empresarios, porque hoxe somos nós os indignados pola falla de democracia nesta provincia e mañá serán outros, pero sempre seremos os mesmos: os homes e mulleres de esquerdas, a clase traballadora, as organizacións de clase, ós que realmente nos interesa a liberdade porque cando non existe comprobamos nas nosas carnes o que significa non ter ese dereito fundamental da persoa. Se todos e todas protestáramos contra eses despidos represivos, estaríamos poñendo os cimentos para unha provincia de Ourense con didadáns que de verdade foran libres. Se non é así, estaremos contribuindo a acabar definitivamente con un dos máis preciados bens da persoa.