? CIG denuncia o despido de dous traballadores dunha empresa de construcción. Afirman que o único motivo foi a decisión dos empleados de presentarse ás eleccións polo sindicato. -¿Que denuncian? -Un claro delito de persecución hacia dous traballadores dunha empresa, Construcciones Milucho, en Abavides. Foron víctimas dun comportamento agresivo e dunha persecución só por presentarse ás eleccións sindicais pola CIG. -¿O problema foi que optaran a ser delegados sindicais pola CIG? -Así é. De feito sabemos que o empresario en cuestión dixo que iba a facer todo o posible para que non se presentaran por ese sindicato e está levando a cabo, na actualidade, unha caza de bruxas para saber que traballadores están afiliados á CIG. O empresario non quere que haxa representantes dos traballadores porque ten moito que agochar sobre todo en prevención e hixiene. -Finalmente os traballadores foron despedidos. -Nese intre pedimos ás outras centrais sindicais a paralización do proceso ata que se resolvera o temas dos despidos pola vía xudicial. Non foron nada solidarios e seguiron adiante. -¿Como valora iso? -Non existe liberdade para presentarse ás eleccións sindicais. Aínda que non é un problema xeral, moitas veces existen presións que atentan contra os dereitos e as liberdades dos traballadores. En Ourense máis que noutras provincias. E o que é penoso é a actitude insolidaria de UGT y CC.OO. Presumen de ser sindicatos de clase pero que se conchaban cun empresario para que coloque o seu irmán como candidato a delegado sindical.