«O problema de Castro Caldelas é de supervivencia»

Mar Gil OURENSE

OURENSE

ALBA RUBÍN

A candidata nacionalista confía na forza do seu grupo para chegar a un Concello que, asegura, está caendo en picado e precisa fixar poboación

19 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Encabeza a candidatura do BNG, que podería ser precisa para configurar unha maioría absoluta arredor de PP ou PSOE. Esperanza Castro confía na forza do seu equipo pero non adianta acontecementos. -Agora haberá só nove concelleiros, non once. Cos resultados das últimas autonómicas entraríamos no Concello; farémolo para traballar en común, sin entrar en guerras. -¿Formarán goberno de progreso co PSOE? -Discutiríase sobre programas; unha cousa sería apoiar a investidura e outra, unha acción de goberno. Hai puntos asimilables, propostas que deben saír adiante porque o problema de Castro Caldelas é de supervivencia. -¿Tan grave é a situación? -A decisión de presentar esta candidatura foi por esa gravidade. A comarca vai en picado. A poboación descendeu máis dun 16%, a depuradora non funciona, o servicio de auga é deficiente e temos estado sen luz polas débedas do Concello. -¿Cal é a súa proposta? -Crear un parque empresarial, infraestruras e mellora-las comunicacións con Monforte e A Rúa.