De Bóveda a Avilés de Taramancos

Jesús M. García OURENSE

OURENSE

O novo número fala das barcas fluviais de Ourense e Portugal

05 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Un completo estudio sobre as barcas fluviais da nosa provincia e do norte de Portugal, outro sobre Alexandre Bóveda e un especial adicado a Antón Avilés de Taramancos son o contido deste novo número dunha publicación xa consolidada na Deputación, a revista etnográfica Raigame . O seu director, Xulio Fernández Senra, explicou que deste xeito vaise dando saída a unha morea de traballos que chegan á redacción da revista e doutra, como é o caso de Bóveda e Taramancos, aproveitase para falar do primeiro, co gallo do cumprimento do seu centenario o vindeiro xulño, para o que Buciños deseñou un monumento. A razón pola que se pode leer un amplo apartado adicado á vida e obra de Taramancos non é outra que a de se-lo protagonista do Día das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro dezasete. Hai neste número un artigo referente a unha parroquia da arquidiócese compostelá. Segundo Senra, para facer o traballo de Avilés de Taramancos, que ocupa a segunda metade deste número, contouse coa colaboura de dous amigos do finado escritor: Ana González e Alberto Romasanta. Raigame oferta unha aproximación a esta figura resultando de grande axuda para os colexios. Tamén escriben sobre Avilés Vázquez-Monxardín e Marcos Valcárcel. O estudio das barcas afonda nas que navegaban polo Miñpo en Ourense, as do Sil en O Barco de Valdeorras, documentadas dende o século XVI e as o río Cávado, en Portugal.