? ourensán Juan Manuel Vázquez Vázquez participaba na tarde do luns no concerto final da octava edición do Ciclo de Jóvenes Intérpretes da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Só tres artistas, o trompetista Iván Crespo e o violinista Emil Liotfaliev, optan ó premio de 6.011 euros con que está dotada esta convocatoria anual que ten como obxectivo promocionar e estimular a aqueles músicos xoves vencellados a Galicia «que teñan sobresaintes cualidades interpretativas». -¿Como foi a participación na final?-Acudimos á Fundación Barrié en A Coruña e alí tocamos os tres finalistas. Logo xuntouse o xurado e un representante da fundación díxonos que ata o mércores ou o xoves non se coñecería o fallo, porque onte era festivo na Coruña.-¿Confía en levarse o premio do Ciclo de Jóvenes Intérpretes?-Eso sería algo fóra do normal, todo un acontecimento e un respaldo moi importante para a miña carreira. En principio, polo menos para min, chegar á final dun ciclo como este xa é un gran premio. Os outros dous finalistas tocan, como se pudo comprobar no concerto da final, cunha exquisitez impresionante. Eu interpretei o Concierto de Aranjuez.-Non é precisamente a guitarra un instrumento usual neste tipo de convocatorias.-É certo que a guitarra non se leva moito no mundo da música clásica, dáselle un senso máis popular que o do ámbeto mal chamado culto. Non temos moitas posibilidades porque non é un instrumento que teña cabida nas orquestas sinfónicas o en formacións semellantes e eso é un atranco. Con todo está collendo pulo gracias, sobre todo, ós compositores do pasado século, como Rodrigo ou Segovia.-¿Cales son as súas previsións profesionais?-Rematei o pasado ano os meus estudios en Vigo e este ano estou, por así decilo, de ano sabático. Gostariame seguir estudios en Barcelona ou, xa soñando moito máis, en Suiza.