Unha cama de uvas pisadas

OURENSE

DIARIO DE AURIA

30 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

ESTA NOCHE, palomita, no olvides brindar con la luna. E ti, faisán, coloca o disfraz de emperador e come dedo a dedo os dedos do mencer. ¿Sabes?, a noite non ten alma e sen embargo, canalla, gasta cicatrices de amor a cada paso. Vestida de negro pareces un pecado: de bicos, caricias, ai, ai, unha cama de uvas pisadas entre os labios. Así, palomita, así, que a vida son dous días e hai que vivilos como se fosen dous, precisamente. Doce campanadas, doce soños, non esquezas pedir pola risa, que non te abandone, que a risa reconforta, que é a victoria que resta aos inútiles. Feliz 2003. Claro que sería moito mellor brindar sen petróleo, pero ya ves, que nos toca soportar la desidia, el insulto, la incompetencia, la mentira, el Pepé de mis amores. Pero hoxe non falo deles, que se me enfadan y ya no me quieren. Hoxe escribo sobre as cousas importantes, as que tocan o corazón e relatan sinfonías, dardos, sobre a pel. La piel, la piel, ay, palomita. Só aí podemos sentir, amar, gozar, vivir. Abraza o individuo ou individua que te mira. Dille que o queres como ás cousas que só existen unha vez. Feliz 2003. Palomita, no olvides brindar con la luna.