«Tratamos de ir poñendo un programa de fisioterapia»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

«Esperamos que Caja Madrid nos dea unha furgoneta para traer á xente»

03 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O colectivo DISCAFIS non celebrou onte o Día do Minusválido por unha sinxela razón, porque esto faino cada día do ano. Seu presidente, Miguel García, leva dous como tal. -¿Cantos colectivos son na federación? -Hai nove e socios veñen sendo unhos 1.400, que con familiares podemos estar falando dunhas cinco mil persoas. -¿Que cousas están facendo? -Tratamos de poñer un programa de fisioterapia en marcha, esperamos que Caja Madrid nos dea unha furgoneta e axudamos a tódalas asociacións no que nos piden. -¿Como vai a eliminación de barreiras? -Podíase facer moito máis pero se vas por outros sitios ves que non estamos tan mal. Ímonos entendendo co Concello. -E onte seguiron co traballo ordinario. -É que nós estamos en contra das celebracións dos días de esto ou daquelo. Só fixemos público o manifesto do Comité Español de Representantes de Minusvalidos e remitiremos ós concellos un trípitioco para dar a coñer a actividade de tódalas asociacións federadas. -¿Dende cando funciona a federación? -Formouse no 1989, estamos nesta área social na planta baixa do edificio de Aixiña e temos un convenio co Concello para mantenemento. Ó estar todos xuntos temos actividades tódolos meses no salón.