Os pacientes, os ourensáns, serán os máis perxudicados pola falta de espacio no complexo hospitalario. E tamén pola construcción de grandes infraestructuras como un hotel ou un centro comercial. Xela Fernández recoñece que non entende como «o Concello de Ourense avala este tipo de actuacións sen cuestionar os problemas que lle poden acarrear». -¿Existe a posibilidade de que as novas construccións eleven os riscos de infeccións? -Aínda está recente o caso do Xeral de Vigo. Nunca se chegou a concretar cal era a orixe da infección de lexionelose pero prantexouse que a cercanía dun centro comercial, El Corte Inglés, pudo ter influido pola proximidade ó centro sanitario. Os sistemas de ventilación teñen determinados riscos e se aínda por riba están cerca dun hospital, onde se abren fiestras, por exemplo, o perigo multiplícase para os pacientes que están ingresados. -¿Que outras lagoas se poden producir nos servicios sanitarios? -Hai que ter en conta que co novo PXOM desaparece o espacio destinado ó heliporto. Un heliporto que está empregando a miúdo SOS Galicia e que presta un servicio necesario. -Respecto ós accesos ó complexo hospitalario. ¿En que situación quedarán? -Non coñezo as características do centro comercial prantexado pero calquer infraestructura desde tipo provoca unha aglomeración de xente e de coches. Habería demasiado poboación nos arredores do hospital cos correspondentes problemas de circulación que afectarán, sobor de todo, ós pacientes.